luns, 14 de maio de 2018


Tanto mestres/as como alumnos/as aprendemos moitas cousas interesantes sobre as aves e a incubación dos ovos:
·  Recoñecer a especie polas características de cada ovo.
· Períodos de incubación de diferentes especies de aves.
·  Condicións necesarias para que medre o embrión durante a incubación.
· Coidados das aves unha vez que se produce a eclosión.
Polo que decidimos repetir a experiencia e facervos partícipes do proxecto.






Neste vídeo pódese ver todo o proceso.



xoves, 10 de maio de 2018

Grazas a esta experiencia, presenciamos a marabillosa eclosión de cinco dos ovos (dous kikos, dúas ocas e un simpático parrulo)






Foi o mestre Juanlu, que agora lle da por criar animaliños na súa finca, ao que se lle ocorreu traer ao colexio ovos de kiko, pato corredor indio e oca, usando a incubadora que construíu (xa fai uns anos) o noso compañeiro Agustín, coa intención de ensinar o funcionamento desta ao seu fillo.




luns, 7 de maio de 2018

PROXECTO ARTUR (A INCUBACIÓN DE OVOS)

No colexio Bayón o proxecto da incubación de ovos vense facendo dende fai anos a nivel de aula, sendo a mestra Marianne (4º de E.I,) a encargada de levalo a cabo. Dende moi pequeniños, os nosos alumnos e alumnas disfrutan e conviven coa natureza reforzando, mediante a experiencia directa, as aprendizaxes proporcionadas na aula por medio de proxectos coma este, o da Hortiña do BayónCoñecemos a nosa cidadePaper pulp project (obradoiro de reciclaxe) e moitos máis actividades que realizamos ao longo do ano.

Neste curso, foinos posible ampliar  a actividade da incubación de ovos, dándolle  nome ao proxecto e baseándoo no personaxe dun conto: ARTUR” (editorial Kalandraka). Artur é un pequeno pitiño, que sae do ovo e experimenta o grande e frío que pode chegar a ser o mundo cando se está só, ata que por fin atopa a protección e amor da súa nai. Coas vivencias deste pitiño, os pequerrechos e pequerrechas do Bayón comprenden o funcionamento da natureza e aprenden a coidar e respectar o mundo animal.

Agradecemos a colaboración de dous compañeiros, Agustín e Juanlu, proporcionándonos a incubadora, a gardería para as crías e os ovos de diferentes especies, así coma a súa experiencia e consellos. Tamén aos voluntarios/as para facerse cargo e coidar das nosas pequenas aves unha vez que saen do colexio.

Pero a quen realmente hai que agradecer, é aos nosos alumnos e alumnas pola ilusión e interese que poñen nas diferentes actividades que realizamos con eles e elas.









Tanto mestres / as como alumnos / as aprendemos moitas cousas interesantes sobre as aves e a incubación dos ovos: ·    Recoñecer a espe...